Jules Verne E A Vida Secreta Das Mulleres Planta

Transcription

Jules Verne e a vida secretadas mulleres plantasadatera secdivaerneJules Ve lanta.:sperelluTítulomtassoCiaLedics:Autor l: Xerai xogoderiaEdito ón: Fóraci70-20Colec nas: 248124-91xi8áp8º79N:ISBN

A autoraLedicia Costas. Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o veránestaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla dedous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela Unhaestrela no vento (Xerais 1999), obra escrita en plena adolescencia e que está traducida ao catalán. Na colecciónAbismos, xunto con outras 24 narradoras, publiquei orelato Negrita no volume Narradoras (Xerais 2000).O corazón de Xúpiter (Xerais 2012) é a miña segunda novela, Recinto Gris (Xerais, 2014) a terceira e Un animal chamado néboa (Xerais, 2015) a cuarta. En 2014 gañei o PremioMerlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 con Escarlatina, a cociñeira defunta(Xerais, 2014) e en 2016 publiquei Esmeraldina, a pequena defunta eJules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Premio Lazarillode Literatura Xuvenil 2015. Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas daHostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado opoemario Xardín de Inverno. Son avogada a tempo parciale poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón.O ilustradorAndrés Meixide (Vigo, 1970). Deseñador e ilustrador. Colaborahabitualmente coa TVE Internacional como realizador de decorados e cabeceiras de diversos programas. A súa obra como ilustrador estápublicada en diversas editoriais. Foi premiado no ano 2006 co White Ravens. En Edicións Xerais ten editados os seguintes títulos: Amor dos quince anos, Marilyn; O patadón;Cando os animais falaban; Contos de encantamento; Xan e Pericán; Bacoriño; O tesouroda lagoa de Reid’Is e Tarzán de goma. É coautor, xunto con Pere Tobaruela, da serie Formig4s dirixida ao público infantil.2

Resumo argumentalO mundialmente famoso escritor de novelas de aventuras, Jules Verne, visitou —e así estádocumentado— tres veces a ría de Vigo. Partindo da última das visitas, é que Ledicia Costas desenvolve a historia de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.Nesa visita, Jules Verne coñece, por casualidade, o boticario vigués Philipot, a súa esposaMelisa e a súa neta Violeta. Pronto se saberá que a casualidade non era tal. Verne coñecíaa existencia das mulleres planta e sabía que na botica de Philipot habitaban dúas delas. Philipot, ademais de marido e avó das mulleres planta, tiña unha función moi importante: sergardián dun estraño libro onde se conta a historia desas mulleres e, máis importante, ondese indica o lugar exacto no cal se atopa a fraga secreta á que todas se retiran no final dosseus días como humanas. Verne, que tamén era gardián desde que coñeceu a existencia desetipo de mulleres nas súas viaxes por África, intimará coa familia de boticarios e, coa axuda do inventor vigués do primeiro submarino, Sanjurjo Badía, irá na busca da misteriosafraga secreta onde as mulleres planta van descansar, transformadas xa en árbores. Melisa,que como Philipot é xa unha anciá, está en pleno proceso de metamorfose. As súas pernasestán xa transformándose en raíces que se nutren da terra dun testo.Segundo o antigo libro das mulleres planta, a fraga secreta está enclavada na illa sur doarquipélago das Cíes, polo que este grupo variopinto de personaxes trazará un plan paraconducir a Melisa ao lugar de repouso eterno, a través dunha gruta subterránea á que seaccede por vía marítima. O submarino de Sanjurjo levaraos ata o lugar secreto onde Violeta haberá coñecer a Azucena, a súa nai, quen abandonou a familia cando a nena era moipequena por causa da poderosa e irrefreable chamada que sentiu do seu ser vexetal. Azucena é agora unha gardiá da fraga. Como tal, só permitirá acceder ao limiar do bosque aosdous gardiáns, Verne e Philipot, e ás dúas mulleres planta, Melisa e Violeta, e ameazará aSanjurjo Badía coa morte se desvela o segredo da fraga.Unha das peculiaridades das mulleres planta é que todas posúen unha nepheas, especiede pequeno ser co que manteñen unha comuñón espiritual moi forte. Que a nepheas pasede ser un ente separado da muller planta, a formar coa muller un só corpo, anuncia que échegado o momento de rematar a metamorfose na fraga.Con gran mágoa e dor, Philipot despídese de Melisa, a súa compañeira de anos e anos, eesta parte con Azucena cara ao interior da fraga. Pouco despois, e tras un momento no queVioleta sente as mesmas ganas irrefreables de partir cara a aqueloutro mundo vexetal quesentira a súa nai na súa nenez, a súa nepheas axúdaa a vencer o impulso e a regresar co seuavó. Ambos, con Verne, Sanjurjo Badía e o pequeno grumete Pierre, dirixiranse de novo aoao submarino para regresar a Vigo polas profundidades da ría.Cando xa se atopaban preto de terra, e seguindo un plan previamente maquinado por JulesVerne, Pierre, o grumete, provoca que o submarino se afunda e todos teñan que regresar á3

costa nun bote salvavidas. Malia a frustración de Sanjurjo Badía, a acción do francés nonserá froito de maldade ningunha, senón da amizade que lle profesa ao inventor vigués, poissabía que se conservaba ese medio de transporte para acceder á fraga, Azucena acabaríacon el e con toda a súa familia.Temas e valoresHomenaxe a Jules Verne e ás grandes novelas de aventurasO libro é un gran exercicio de imaxinación que mestura datos históricos con outros fantásticos de xeito moi ben artellado. O personaxe de Jules Verne, un dos grandes da narrativa de aventuras, recibe neste libro o recoñecemento e a admiración da autora.A muller como personaxe centralToda a historia das mulleres plantas, as nepheas e os gardiáns do libro encerran un universo onde o femenino actúa como protagonista, como vínculo telúrico, pero taméncomo fonte de intelixencia. Dentro do universo das mulleres planta, os homes, caso dePhilipot ou o propio Verne, exercen papeis secundarios, en tanto que meros gardiáns dolibro e axudantes das mulleres.O amor xuvenilEn paralelo á trama principal, na novela desenvólvese a relación que van mantendo Violeta e mais o grumete Pierre. Unha historia de amizade e cariño que, como se indicará aofinal da novela, rematará, pasados os anos, en amor e convivencia.A cienciaO mundo da ciencia está presente a través das descripcións, por veces minuciosas, doaparello submarino inventado por Sanjurjo Badía. Tamén está presente a través da botica de Philipot e o coñecemento da botánica que lle presupuña, naqueles tempos, a esaprofesión.ActividadesAntes da lectura Lendo só o título da novela, imaxinar cal pode ser o seu argumento. Saben quen é Jules Verne? Leron algunha das súas novelas? Cales? Que lles pareceron?Despois da lectura Coñecían a relación de Jules Verne con Vigo? En que novela do francés hai un personaxe que viaxa en submarino pola ría de Vigo? Que viña buscar?4

Para o alumnado próximo á comarca viguesa, facer un selfie coa estatua de Jules Verneque se atopa nas inmediacións do peirao deportivo da cidade e compartilo na clase. Parao resto de alumnado, buscar fotografías na rede dese monumento.Ficha a1 (antes da lectura)1. As ilustracións interiores do libro tratan de imitar o estilo das ilustracións clásicas,propias, entre outras, das novelas de Jules Verne. Debuxa ti, seguindo o estilo psicodélicoda portada do álbum dos Beatles O submarino amarelo, a Violeta e a Pierre tal e comoos imaxinas.2. Pensa por un momento que che encargaron colaborar na elaboración do libro de Ledicia Costas. Describe como sería a ilustración que colocarías ti na portada en substituciónda actual.5

Ficha d1 (despois da lectura)1. Coa axuda do dicionario, define as seguintes palabras.Veludo (páx.21)Beixe (páx. 21)Bigornia (páx. 25)6

Eslimar (páx. 37)2. Constrúe unha frase ou un parágrafo no que apareza o maior número posible de palabras da pregunta anterior.3. Coa axuda do dicionario, define as seguintes palabras.Bufarda (páx. 40)Terno(páx. 53)Requilorio (páx. 54)7

Reberete (páx. 62)4. Constrúe unha frase ou un parágrafo no que apareza o maior número posible de palabras da pregunta anterior.5. Coa axuda do dicionario, define as seguintes palabras.Bidueiro (páx. 63)Arrombar (páx. 68)Sumir (páx. 73)8

Irisado (páx. 77)Retractil (páx. 776. Constrúe unha frase ou un parágrafo no que apareza o maior número posible das palabras da pregunta anterior.Ficha d2 (despois da lectura)1. A que se dedicaba Pierre antes de embarcarse con Jules Verne como grumete?2. En varios momentos do libro Violeta láiase por non poder usar pantalóns en lugar desaia. Por que cres que non podía usar pantalóns se así o desexaba? Por que pensas quepreferiría usar esa roupa en certos momentos da novela, como o descrito na páxina 65?9

3. Como chamaba Sanjurjo Badía ao seu submarino? Por que?4. Coa axuda do dicionario, define as seguintes palabras:Estada (páx. 65)Funil (páx. 78)Zapón (páx. 66)10

Deluvar (páx. 92)Crisálida (páx. 99)5. Constrúe unha frase ou un parágrafo no que apareza o maior número posible de palabras da pregunta anterior.6. Comenta o seguinte texto poñéndoo en relación co fenómeno migratorio que se produceactualmente en Galicia e no mundo.“Violeta estaba afeita á paisaxe cambiante do porto. Vira máis dunha vez centos de persoas agardando para embarcar naqueles navíos que os habían trasladar á Habana ou aBos Aires: o éxodo cara aos países americanos de homes e mulleres chegados de todaspartes de Galicia, de Portugal e de España, na busca dun futuro no novo continente,iniciábase en Vigo.”11

7. No libro reprodúcense varias crónicas, da época en que ten lugar a acción, extraídas doxornal Faro de Vigo. Fíxate na diferenza entre o estilo literario empregado pola autora nanovela e o estilo xornalístico propio dos periódicos e revistas. Agora, escribe ti un textode estilo xornalístico onde se narre a aparición no mercado dunha nova consola últimomodelo.12

Ficha d3 (despois da lectura)1. Na páxinas 144-145, Jules Verne conta a Melisa a súa experiencia coas mulleres plantaafricanas. Cando ten que describir o proceso de metamorfose e os grandes sufrimentosque tivo que padecer a muller cuxa transformación presenciou, Verne prefire adornar emudar a verdadeira historia, dándolle unha morte doce á malfadada muller africana,para protexer a Melisa. Pensa un chisco sobre este uso da mentira. É preferible dicirsempre a verdade? Ás veces xustifícase a mentira? Que opinas ti? Escribe aquí as túasreflexións.13

2. Na novela menciónase un antigo Teatro Circo ao que a sociedade burguesa da cidade deVigo acudía a actos sociais como a ópera. Como se chamaba ese lugar?3. Ao final da novela descubrimos que a narradora da historia se chama Lila. Cantos anosten Lila e que relación familiar mantén con Violeta, a protagonista da novela?14

Comercial Grupo AnayaPolígono PocomacoAvenida 3 Edificio DianaNave 4 Baixo 15190 A CoruñaTel.: 981 171 641 / Fax: 981 171 647XERAISDoutor Marañón, 12 36211 VigoTels.: 986 214 888 / 986 214 880Fax: 986 201 366xerais@xerais.galwww.xerais.galAutor do proxecto de lectura: David Rodríguez RodríguezPedidos a

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta Título: eta das es planta.: Editorial: Ledicia Costas ais Colección: go Nº páxinas: ISBN: 248 978-84-9121-070-2. 2 A autora Ledicia Costas. Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de