Vocabulario De Medicina - USC

Transcription

Vocabulario deMedicina(galego-español-inglés-portugués)

Servizo de Normalización LingüísticaUniversidade de Santiago de CompostelaCOLECCIÓN DE VOCABULARIOS TEMÁTICOSN.º 5

SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICAVocabulario UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

VOCABULARIO de medicina : (galego-español-inglés-portugués) /coordinador XustoA. Rodríguez Río, Servizo de Normalización Lingüística ; autores María Casas García .[et al.]. — Santiago de Compostela : Universidade de Santiago de Compostela, Servizo dePublicacións e Intercambio Científico, 2008. — 851 p. ; 21 cm. — (Vocabularios temáticos ;5). — D.L.C 3806-2008. — ISBN 978-84-9887-028-21. Medicina-Diccionarios. 2. Galego (Lingua)-Glosarios, vocabularios, etc. políglotas.I.Rodríguez Río, Xusto A., coord. II.Casas García María. III.Universidade de Santiago deCompostela, Servizo de Normalización Lingüística, coord. IV. Universidade de Santiago deCompostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, ed. V.Serie.61(038) 699 60 20 690 Universidade de Santiago de Compostela, 2008Coordinador:Xusto A. Rodríguez Río (Área de Terminoloxía. Servizo de Normalización Lingüística. Universidade de Santiago de Compostela)Autoras/res:María Casas García (Área de Medicina Familiar e Comunitaria. Unidade Docente de Pontevedra. Centro de Saúde de Bueu)Sonia Miguélez Ferreiro (Área de Medicina Familiar y Comunitaria. Unidad Docente de Segovia. Centro de Salud Segovia 1)Carolina Pena Álvarez (Área de Oncoloxía Médica. Complexo Hospitalario de Pontevedra)Iria Pereira Fernández (Escola Universitària d’Infermeria. Universitat de Barcelona)Adriana Rubín Barrenechea (Hospital Amato Lusitano. Castelo Branco. Portugal)Sabela Sánchez Trigo (Área de Medicina Interna. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide - Nóvoa Santos. Ferrol)Xoana María Vázquez Vicente (Servei d’Aparell Digestiu. Hospital Universitari de Bellvitge. Barcelona)Isabel Vidal Castiñeira (Área de Medicina Familiar e Comunitaria. Unidade Docente de Santiago de Compostela. Centro de Saúde deFontiñas)Xusto A. Rodríguez Río (Área de Terminoloxía. Servizo de Normalización Lingüística. Universidade de Santiago de Compostela)Asesores puntuais:Francisco Caamaño Isorna (profesor do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública. Universidade de Santiago de Compostela).Tomás García-Caballero Parada (catedrático do Departamento de Ciencias Morfolóxicas. Universidade de Santiago de Compostela).Francisco Javier Jorge Barreiro (catedrático do Departamento de Ciencias Morfolóxicas. Universidade de Santiago de Compostela).José Joaquín Lado Abeal (profesor titular do Departamento de Medicina. Universidade de Santiago de Compostela).Agustín Montes Martínez (profesor titular do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública. Universidade de Santiago deCompostela).Xosé Luis Otero Cepeda (profesor titular do Departamento de Estatística e Investigación Operativa. Universidade de Santiago de Compostela).Jesús Bernardo Otero Costas (catedrático do Departamento de Fisioloxía. Universidade de Santiago de Compostela).Germán Sierra Paredes (profesor titular do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular. Universidade de Santiago de Compostela).Ernesto Smyth Chamosa (profesor titular do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública. Universidade de Santiago deCompostela).SubvencionaConsellería de SanidadeEditaServizo de Publicacións e Intercambio CientíficoCampus universitario surwww.spubl/usc.esImprimeImprenta UniversitariaCampus universitario surDep. Leg.: C 3806-2008ISBN 978-84-9887-028-2

AgradecementosComo responsables da elaboración deste Vocabulario queremos deixarconstancia da nosa gratitude a todas aquelas persoas que dunha forma oudoutra contribuíron a que este traballo vexa finalmente a luz: á Facultadede Medicina da Universidade de Santiago de Compostela —e en especialaos docentes que nos asesoraron na busca de bibliografía especializadae na resolución das dúbidas concretas que se nos foron presentando—; aZenaida Piñeiro Aguin, Eva Salgado Pérez, Maruxa Martínez Nogueira,Isabel Vaquero Quintela, María Teresa Castaño Oreja, Ana María BermejoBarrera, María del Carmen Masa Vázquez e outras e outros que de seguroesquecemos.Tamén queremos facer unha mención de recoñecemento ás familias eamizades que nos apoiaron, soportaron con paciencia os enfados e tensións que provoca participar nunha obra coma esta.Igualmente queremos expresar o noso agradecemento á Consellería deSanidade, polo apoio económico que fai posible a edición deste volume.E, finalmente, a vós, lectores e lectoras, porque ao utilizar este Vocabulario facedes que o noso traballo cobre sentido.

Índice9Limiar15Táboa de materias17Abreviaturas empregadas21Vocabulario de Medicina547Índice de denominacións españolas643Índice de denominacións inglesas737Índice de denominacións portuguesas833Índice de denominacións latinas849Bibliografía7

LimiarA historia da elaboración deste vocabulario é a historia dunha necesidade.Explicar de onde xorde lévanos a lembrarnos de nós mesmas haiuns poucos anos: unhas estudantes de Medicina que pensaban engalego e pretendían empregar esta lingua na súa vida académicapero que, por descoñecemento dos termos técnicos desa disciplina,“inventaban” o vocabulario tentando atinar, sen a certeza de estarempregándoo ben ou mal pola ausencia de referentes Desas carencias e dun grupo de estudantes dispostas a traballar arrincoueste proxecto.Poderiamos dicir que todo comezou na Facultade de Medicina,pero non seriamos nin xustas nin concretas abondo. Foi nos Comités Abertos de Faculdade onde escoitamos falar por primeira vezdo proxecto de redactar un vocabulario de termos médicos en lingua galega, e foi alí tamén onde nos implicamos na posta en marcha desa iniciativa, converténdoa no noso propio labor.O entusiasmo inicial impedíanos albiscar as dificultades dunproxecto desta envergadura: un grupo de estudantes de Medicina,sen coñecementos especializados de lingua, que emprenden a ela-9

boración dun vocabulario galego de termos médicos con equivalentes ás catro –ou cinco, se sumamos o latín– linguas máis relevantespara o seu exercicio profesional. A integración de persoal técnicodo Servizo de Normalización Lingüística no equipo de traballo permitiu cubrir con garantías os aspectos lingüísticos e metodolóxicosen que a nosa formación era deficitaria.A primeira lección para nós, cando planificabamos o traballo conprazos eternamente prorrogados, foi que un labor destas características requiría un esforzo e unha constancia inimaxinables, quenin tan sequera albiscabamos no principio. Todas estas dificultades mesturábanse coas nosas vidas, roubándolle horas ó estudo eó lecer. Tivemos que rematar a carreira, aprobar o MIR e comezara nosa vida laboral durante o proceso de elaboración do vocabulario, seleccionando termos de entre interminables textos técnicos eglosarios.A meta principal deste Vocabulario é facilitar a tarefa de falar ouescribir sobre medicina en galego con calidade e precisión a quenensina ou se forma nesta ou noutras titulacións da área das cienciasda saúde. Pero agardamos tamén que a súa repercusión reborde oámbito universitario e chegue ao mundo profesional, xa que estaferramenta de normativización -cun amplo repertorio de termosmédicos en galego - pode contribuír á normalización e aumentardesa forma a presenza do galego na comunicación sanitaria.Sabemos ben que unha iniciativa coma esta non é máis ca un pequeno chanzo no camiño dun obxectivo tan ambicioso e, sendoconscientes de que seguiremos atopando prexuízos e obstáculos encontra do galego, tan difíciles de mudar coma de xustificar, traballamos e seguiremos traballando por un galego normativizado enormalizado, un galego culto e de calidade, que irá ocupando olugar que lle corresponde dentro do ámbito científico en Galicia.10

Que hoxe teñas nas túas mans este exemplar é para nós a maiorrecompensa.UUUAntes de que comeces a consultalo parécenos interesante ofrecerchealgunhas pistas sobre a información que no Vocabulario vas atopar ea forma en que esta se presenta. Deste xeito, poderás tirarlle moitomáis partido desde o primeiro momento.Estruturalmente, divídese en dous grandes bloques:a. o vocabulario propiamente dito, no que se recolle o corpusde entradas, numerado e ordenado alfabeticamente segundoa súa denominación galega.b. os índices remisivos, nos que se presenta unha listaxe alfabética de todos os equivalentes en cada unha das linguas de traballo (español, inglés, portugués e latín), indicando o númeroda entrada galega a que corresponde e onde se atopa toda ainformación sobre ela.O primeiro deles é a cerna deste traballo, e consta de dous tipos deentradas:1. As ENTRADAS COMPLETAS son as que compilan e organizan toda a información sobre cada un dos conceptos estudados no Vocabulario.Identifícanse cun número que permite remitir facilmente aelas desde calquera dos índices e encabézanse coa denominación galega e a categoría gramatical desta. A continuaciónindícase a área temática a que pertence o concepto designado por esa denominación1, e unha liña despois preséntanseoutros nomes galegos que remiten ao mesmo concepto, quer1Vid. unha listaxe das empregadas na “ Táboa de materias”.11

sinónimos (marcados como SIN.), quer variantes (marcadascomo VAR.).O seguinte bloque de información recolle e ordena os nomesempregados en español (es), inglés (en), portugués (pt) e latín2 (la) para nomear ese mesmo concepto, separando conpunto e coma os sinónimos en cada unha das linguas e ordenándoos alfabeticamente.En caso de que unha denominación en calquera das linguas de traballo se empregue nun nivel non-estándar da lingua (como formapopular, arcaica, literaria, coloquial ) esa información introdúceseao lado da forma correspondente, enmarcada entre corchetes.Para rematar, no apartado Nota. aparecen —cando o consideramos relevante— informacións complementarias de tipo técnico oulingüístico, así como xustificacións de escollas que poidan parecerdiscutibles.4783 talónmAnatomíaSIN.- calcañar [pop.]; calcaño [pop.]estalónenheelpttalãolacalxNota.- Algúns dicionarios galegos diferencian entre “talón” e“calcañar” indicando que o segundo é a ‘parte inferior dotalón’.2. As ENTRADAS REMISIVAS son aquelas que recollen unicamente sinónimos ou variantes dunha “entrada completa”, e2Nesta categoría recóllense as denominacións latinas da International Anatomic Terminology. Por ese motivo, este idioma só se inclúe nas entradas da área temáticaAnatomía.12

que teñen como misión principal redirixir a quen consultacara a esta3.calcañarmVid.- talónDeste xeito, se precisas atopar información sobre un concepto doque coñeces o nome galego, só tes que buscalo dentro do corpusde entradas do vocabulario. Pola contra, se o que coñeces é unhadenominación noutra lingua, debes dirixirte ao índice do idiomacorrespondente e ver en qué entrada se cita esa forma; a continuación, só tes que buscar o número en cuestión no corpus de entradase velaí tes os datos que precisas!Presentar a sinonimia desta maneira permite, en casos de concorrencia de sinónimos, expresar de forma indirecta as denominacións que se consideran preferibles(as que encabezan as entradas completas).313

14

Táboa de 4.PatoloxíasEtiopatoxeniaProbas complementariasTerapéuticaMedicina preventivaFarmacoloxíaAnatomíaAnatomía toloxíaBioquímicaXenéticaOrganización sanitariaInstrumentalTermos xerais15

16

Abreviaturas empregadasaabrevarc.Br.col.cult.EE. a arcaicaportugués do Brasilforma coloquialforma cultainglés americanosubstantivo femininoforma literarialocuciónsubstantivo masculinopluralforma popularportugués de Portugalsubstantivo con variación de xénerosímbolosigla17

VOCABULARIOVocabulario de medicina19

VOCABULARIO20

VOCABULARIOA6 abdome globulosoVid.- adenina1 á fAnatomíaes alaen wingpt asala ala2 a termoaFisioloxíaes a términoen full termpt a termo3 abdomemSemioloxíaSIN.- abdome prominente; abdomedistendidoes abdomen distendido; abdomenglobuloso; abdomen prominenteen distended abdomenpt abdome distendido; abdômendistendido [Br.]; abdómendistendido [Pt.]abdome prominenteVid.- abdome globuloso*abducciónm7 abduciónAnatomíaSIN.- rexión abdominal (f); panza [pop.]es abdomen; panza [pop.]; regiónabdominalen abdomen; abdominal region; gut[pop.]pt abdome; abdômen [Br.];abdómen [Pt.]; barriga [pop.];região abdominalla abdomen4 abdome agudofFisioloxíaAnatomíaSIN.- separaciónes abducción; separaciónen abductionpt abdução; separaçãola abductioNota.- Evítese “abducción”.aberración cromosómicaVid.- anomalía cromosómicam8 abertura inferior da pelveSemioloxíaes abdomen agudoen acute abdomenpt abdome agudo; abdômen agudo[Br.]; abdómen agudo [Pt.]fAnatomíaSIN.- estreito inferior da pelve (m)es estrecho inferior de la pelvisen pelvic outletpt abertura inferior da pelve; estreitoinferior da pelvela apertura pelvis inferiorabdome distendidoVid.- abdome globuloso5 abdome en táboaVid.- abdución9 abertura superior da pelvemAnatomíaSIN.- estreito superior da pelve (m)es estrecho superior de la pelvisen pelvic inletpt abertura superior da pelve; estreitosuperior da pelvela apertura pelvis superiorSemioloxíaSIN.- ventre de madeiraes abdomen en tablaen abdominal guardingpt abdome em tábua; abdômen emtábua [Br.]; abdómen em tábua [Pt.]21f

VOCABULARIO10 ablaciónfacabado -da de nacerVid.- neonato -taTerapéuticaes ablaciónen ablationpt ablação15 acalasiaablación do clítorisVid.- clitoridectomía11 abordaxef16 acantóliseTerapéuticaes abordajeen approachpt abordagemabrasión17 acantose nigricansm18 ácarofaccesoACAVid.- ataqueaccidente cerebrovascularmVid.- ictusTermos xeraises abuso de sustanciasen substance abusept abuso de substânciasAcmEtiopatoxeniaes ácaroen acaruspt ácaroSemioloxíaes abuliaen aboulia; abuliapt abulia14 abuso de

SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA Vocabulario de Medicina (galego-español-inglés-portugués) 2008 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA